Este ano 2012 celebramos a XXV Festa do Cabaqueiro. Con motivo desta efeméride dende a Asociación lembraremos, unha por unha, todas as crónicas que se teñen publicado na "Memoria do Cabaqueiro", libro anual da autoría do escritor e historiador Xoán Martínez Tamuxe, que edita a Delegación de Cultura e o Servizo de Publicacións do Concello do Rosal.
Nesa última "Memoria", publicada o ano pasado, se facía crónica da XXIII Festa do Cabaqueiro 2010. Transcribimos literalmente o que alí se pode ler e acompañamos cada entrada coa súa correspondente imaxe:
"Seguindo a programación da Concellería de Cultura que preside Charo Tabales, realizáronse os días 9 e 11 de outubro os diferentes obradoiros para os máis pequenos.
Os nenos e nenas que tomaron parte nas leccións para a elaboración de cabacas e toupos, “gozaron do lindo”, manexando o barro (xunca) para cada quen facer as súas pezas, algunhas das que levaron para as súas casas coa intención de logo cocelas…
Os mestres (buxas) cabaqueiros e mestras que tamén ensinaron a decorar as tellas, dedicáronlle a tarde do día 9 e do 11 aos “cabaqueiriños…”.
Convén que tamén os máis cativos estean presentes nesta singular celebración histórico-etnográfica e cultural de cada ano na lembranza dos nosos antigos e esforzados cabaqueiros, hoxe “historia”.
0 comentarios:
Publicar un comentario