Gera e Yeya proclámanse campións do especial IV Campionato de Futbolín

Na imaxe os 26 participantes deste IV Campionato de Futbolín 2012 na honra dos Cabaqueiros

XXV aniversario da Festa do Cabaqueiro (6, 11, 12, 13 e 14 de outubro)

Na imaxe o Alcalde, concelleiros, cabaqueiros e organizadores da Festa durante a súa presentación

O Rosal acolleu o I Campionato Galego de Futbolín oficial do ano 2012

Na imaxe, algúns dos xogadores/as da Asociación participantes, pousando diante do "Cabaqueiro"

Sevi e Dani gañan con autoridade o I Torneo de Futbolín Dalle co Sacho!

O evento estivo organizado pola A. C. A Velha na Horta coa colaboración da Asociación Os Cabaqueiros

Pablo e Mingos, vencedores do I Campionato de Futbolín San Xerome

O Campionato estivo organizado polo Centro San Xerome coa colaboración da Asociación

Frony e Carlos, campións do II Open de Futbolín O Rosal 2012. Bar Floro

Na imaxe, os vencedores pousan na entrega de premios con Amparo, propietaria do Bar Floro

Jallas e Diego, campións do I Open de Futbolín O Rosal 2012. Bar Troya

Na imaxe, os 38 participantes da novidosa iniciativa de xogo "por sorteo" da Asociación Os Cabaqueiros

Ruth e Mary, conseguen o 5º posto no Campionato Nacional de Futbolín

Na imaxe, os equipos do Baixo Miño participantes na modalidade "parado" e no "feminino". ¡Noraboa!

Os Arginas, Os Esnorzados, Os Embuchados e Brasil no Sucá, vencedores

Na imaxe no máis alto do podium, Sergio e Galis, campións; Sergio "Trinta" e Carlos (subcampións) e Juan e Sergio "Demo", terceiros, na compaña do Alcalde, pregoeira, xogadores e os mestres cabaqueiros

As Divinas, Hai Chapa e Bar Floro, ao Campionato de España de Futbolín

Na imaxe Conchi e Vanesa (subcampionas), Mary e Ruth (campionas), Noe e Maite (terceiras clasificadas), gañadoras do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011

A Asociación participou por primeira vez na reunión previa da FESTA

Na imaxe Yeya, Sevi e Delio pousan xunto coa concelleira de Cultura, Charo Tabales, o coordinador da Festa, Xoán Tamuxe e os CABAQUEIROS Luis, Juanciño, Alfredo,Trintiña, Praxíteles, Piedra e Juan V.

Os mestres cabaqueiros inauguraron o II Campionato de Futbolín 2010

Na imaxe, Trintiña e Yeya vs Juan Vicente e Luis na partida inaugural do pasado ano.

Os vencedores do I Campionato de Futbolín 2009 pousan cos Cabaqueiros

Yeya e Luis no máis alto dun podium que completaron Galis e Sergio (subcampións) e "Os Dous Diegos", terceiros. Na imaxe cos mestres telleiros, o Alcalde e a concelleira de Cultura

O noso sincero agradecemento á MARISQUERÍA O ROXO (A Guarda)

Sergio Casal fai entrega dun cadro e copiña, agasallo da Asociación, á propietaria e ao pequeno Ángel

¡¡Graciñas ao BAR FLORO pola súa inestimable e exemplar colaboración!!

As simpáticas irmás Delia e Amparo pousando diante da estatua en homenaxe ao Cabaqueiro

Toda a nosa gratitude para Enrique e a casa rural CASA CABAQUEIROS

Na imaxe Carlos, Marcos, Jorge, o propio Enrique, Yeya, Diego, Ángel e Sergio na Casa Cabaqueiros

O noso sincero agradecemento ao RESTAURANTE JUAN (O Rosal)

Na imaxe, o propio Juan felicitou e obsequiou cunha impresionante mariscada a Ruth e Mary, gañadoras do I Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2010

A nosa gratitude ao BAR TROYA pola súa colaboración xa dende 2009

Zaira Solla e Yeya Casal pousan co cartel anunciador do III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros

Graciñas ao BAR D'BUTE pola súa colaboración nos Campionatos

Sevi (campión de España F-2, 2010) e Galis (campión do Cabaqueiros, 2011) suxeitan a pancarta anunciadora do I Campionato Mixto de Futbolín, con Javi González (Bute) e o seu camareiro, José

O noso sincero agradecemento a CONFITERÍA ROGELIO (O Rosal)

Na imaxe, Begoña López Vicente pousa diante da estatua do Cabaqueiro coa súa irmá.

12 dic 2011

AS ROSALEIRAS RUTH MARTÍNEZ E MARY DOMÍNGUEZ CONSEGUEN UN MERITORIO 5º POSTO NO “XV CAMPEONATO NACIONAL"


Finalmente foron once os equipos representantes da Asociación Os Cabaqueiros e do Baixo Miño no "XV Campeonato Nacional de Futbolín" que se celebrou dende o xoves 8 e ata o sábado 10 de decembro en Padrón (A Coruña).

Lembramos que participaron invitadas neste novo Campionato de España, as tres primeiras parellas clasificadas no II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011: HAI CHAPA (Mary Domínguez e Ruth Martínez, 5º posto), AS DIVINAS (Conchi Barbosa Vanesa Sánchez, 13º) e BAR FLORO (Maite Martínez e Noelia Álvarez, 15º).

Previa inscrición, xogaron este torneo a nivel nacional, na modalidade "parado" os equipos ANXO-DELIO (Ángel Martínez e Rubén Santos, 12º), OS NENOS (Braulio Álvarez e Sergio Rodríguez, 16º), BAR TROYA (Sergio Casal e Juan Martínez, 18º) e PORTECELO (Carlos Álvarez e Marcos Casal, 38º na F-1, tamén en "movemento", 19º).


E o sábado, no "Mixto-F2” os equipos ÁNGEL-ANABEL (Anabel Magariños e Ángel Martínez, 6º), MARVAN (Marcos Casal e Vanesa Rodríguez, 7º), PORTECELO 2 (Marisa Pérez e Carlos Álvarez, 8º) e HAI CHAPA NENOS (Mary Domínguez e Braulio Álvarez, 9º).


O resultado máis destacado da expedición baixomiñota foi o 5º posto conseguido por Ruth e Mary, vencedoras do II Campionato Feminino Noticias O Rosal, que a pesar de xogar na modalidade de movemento (sen parar a bola na dianteira) case chegan ás semifinais, sendo eliminadas polas Campionas de España absolutas, Alba Quiroga e Paula Carreiro, que novamente repetiron triunfo.

Temos que destacar e agradecer dende a Asociación Os Cabaqueiros o compañeirismo e o bo ambiente amosado polos nosos veciños/as e polos centos de equipos participantes, así como deixar constancia do altísimo nivel de xogo existente neste XV Campionato de España de Futbolín. A nosa noraboa.

2 dic 2011

Partidas correspondentes á Xornada 5 que se disputarán esta fin de semana (2/12/2011)

LIGA NACIONAL. O ROSAL. TEMPADA 2011/12.
Xornada 5
OS NENOS – EN COMPLOR!! (No Skape)
BAR FLORO – BAR TROYA (No Floro)
SKAPE 34 – D’BUTE 2 (No Skape)
BAR FLORO 2 – SEVILLA FC (No Floro)
OS SERGIOS – PORTECELO (No Troya)
D’BUTE 1 – OS AMIGOS (No Bute)
OS KAKARUXOS – 3+1 (No Troya)

Catorce equipos participan na Liga Nacional de Futbolín que se celebra en O Rosal (Pontevedra)



Un total de 14 equipos participarán todas as fins de semana ata o 27 de abril de 2012 na Liga do Rosal de Futbolín, dentro da Liga Nacional. 

A Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín colabora coa Organización Nacional e coordinará a partir de decembro este evento local, que se celebra no Bar Floro, Bar Troya, Bar D'Bute e Cafetería Skape.

Lembrar que o pasado ano a competición local foi gañada polo equipo SEVILLA F.C., sendo subcampión PORTECELO e terceiro clasificado OS NENOS.

Estes son os equipos e os xogadores que disputarán esta temporada 2011/12 a Liga Nacional de Futbolín:

EQUIPOS PARTICIPANTES NA LIGA NACIONAL DE FUTBOLÍN
O ROSAL, 2011-2012

SEVILLA F.C.
Daniel Rodríguez Martínez
Carlos Álvarez Antúnez “Sevi”
Lucas De Santiago Gómez

PORTECELO
Marcos Casal Fernández
Carlos Álvarez da Concepción

OS NENOS
Sergio Rodríguez Álvarez
Braulio Álvarez González “Galis”
Ángel Martínez Diego

OS SERGIOS
Sergio Martínez “Demo”
Sergio Rodríguez “Trintiña”
José Ángel “Quesero”

OS AMIGOS
Antonio Lomba Rodríguez “Xián”
José Martínez Fernández
Javier Treinta Rodríguez “Trinta”
Francisco Molina Martínez

BAR TROYA
Sergio Casal Fernández “Yeya”
Juan Ramón Martínez Barbosa
Alfonso Fernández Pérez “Fon”
Luis Martínez Pereira

BAR FLORO 1
Maite Martínez González
Noelia Álvarez Baquero
José David Saa Gómez

BAR FLORO 2
Serafín Dorado Dorado
Alberto Carlos Claro Alonso

BAR D’BUTE 1
Javier González González “Bute”
José Antonio Vicente “Toño”

BAR D’BUTE 2
José Antonio Gómez Gómez “Tone”

OS KAKARUXOS
Gustavo Jurado Fernández
Jorge Silva Álvarez “Yors”
Sergio Diego Fernández “Frony”

3+1
Diego Martínez Alonso “Dieguito”
Diego Álvarez Fernández
Sergio González Dorado “Menotti”
Miguel Rodríguez González “Jallas”.

SKAPE 34
Óscar Rodríguez Vicente
Fernando Mariño Pérez

EN COMPLOR!!
Andrés Martínez Rocha
Jorge Díaz Rocha

1 dic 2011

As Divinas, Hai Chapa e Bar Floro xa formalizaron a súa inscrición e xogarán o Campionato Nacional



As tres parellas gañadoras do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011 disfrutarán o 8 de decembro dun dos seus premios, que non foi outro que ser invitadas coa inscrición gratuíta, a participar no "XV Campeonato Nacional de Futbolín", onde se enfrontarán ás mellores de España.

O equipo campión, Hai Chapa, estará formado pola capitana Mary Domínguez Rodríguez e a xogadora Ruth Martínez Barbosa.

O equipo subcampión, As Divinas, capitaneado por Conchi Barbosa González e a xogadora Vanesa Sánchez Fernández.

O equipo Bar Floro, terceiras clasificadas, terá como capitana a Maite Martínez González e a xogadora Noelia Álvarez Baquero.

Aínda que ninguén dubida da calidade das nosas veciñas deportistas, en Padrón partirán cunha pequena desventaxa, pois non poderán participar na modalidade habitual de "parado" (no Rosal e na Guarda pódese parar a bola na dianteira e facer cambios) e terán que xogar na de "movemento"  (prohibido parar a bola adiante). Polo tanto, terán que sobrepoñerse a esta circunstancia e dar o mellor de sí para conseguir traer algún resultado positivo á Comarca do Baixo Miño.

¡¡Dende a Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín desexámoslles moita sorte neste evento!!

A Asociación Os Cabaqueiros tramitará as inscricións do "XV Campeonato Nacional"



Se queres participar no "XV Campeonato Nacional de Futbolín" que se celebrará no Hotel Scala, de Padrón (A Coruña) os días 8, 9 e 10 de decembro, envíanos estes datos cubertos antes do domingo 4 de decembro a asociacioncabaqueiros@hotmail.com e encargarémonos de facerte chegar a inscrición á Organización do evento.

CAPITÁN (XOGADOR 1)
XOGADOR 2
DNI
TELÉFONO
DIRECCIÓN
POBLACIÓN
PROVINCIA
EMAIL

A inscrición é de 80 € a parella. Para os xogadores da LNF a inscrición custará 50 €.

MODALIDADES
Parado: 8 de decembro, 16:00 horas
Feminino: 8 de decembro, 18:00 horas
Movemento: 9 de decembro, 10:00 horas
Mixto: 10 de decembro, 11:00 horas

24 nov 2011

¿Coñeces as MEMORIAS DO CABAQUEIRO?



A "Memoria do Cabaqueiro" é unha interesante publicación anual que edita o Concello do Rosal como lembranza e homenaxe aos cabaqueiros (telleiros), considerados por moitos, herdeiros dos ceramistas romanos que ocuparon os castros da bisbarra.

O seu autor é o historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe, que xa en 1988 explicaba na primeira Memoria -estaba escrita en castelán (ata 1998 non se editaron en galego)- os motivos e razóns para a creación desta publicación: crear documentación, ser un tema histórico-antropolóxico da vida galega e lembrar que O Rosal estaba obrigado a coñecer o tema, a ter noticias escritas e orais máis que ningún outro pobo "ya que O Rosal, con la parroquia de Salcidos (A Guarda), está obligado a difundir, conservar, defender y transmitir a nuestros descendientes en generaciones venideras esta singular manifestación histórico-cultural... ya que esta zona es la cuna y cátedra de esta realidad antropológica, etnográfica, etc".



Na imaxe de arriba, a portada da última Memoria, a deste ano 2011, onde se fai un percorrido por todo o que sucedeu na XXIII Festa do Cabaqueiro (2010), sendo o motivo do prato conmemorativo (sobre estas liñas) unha fotografía dos gañadores do I Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2009, cos mestres telleiros e autoridades.

21 nov 2011

Nuria e María, "AS VITAMINAS", disfrutaron do seu premio no BAR-TAPERÍA A COMPETENCIA



O sábado 19 de decembro, Nuria González Adrover e María Senra Álvarez, integrantes do equipo "AS VITAMINAS", décimas clasificadas no II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011, tamén disfrutaron do seu premio.

Este non era outro que unha cea no BAR TAPERÍA A COMPETENCIA* (O Rosal), xentileza do seu propietario, José Enrique Rodríguez Vicente.

*O BAR-TAPERÍA A COMPETENCIA atópase en plena Praza do Calvario. Se queredes contactar para pedir información dos seus bocadillos, tapas e demais, deixámosvos o seu teléfono: 671 636 576.

¡¡Dende a Asociación Os Cabaqueiros, graciñas Enrique!!

O BAR RESTAURANTE PARADELA premia a Luisa e Rebeca, integrantes do equipo "FUSIÓN"



O pasado venres 18 de novembro, Luisa Fernández Álvarez e Rebeca Rodríguez Rodríguez, integrantes do equipo "FUSIÓN", oitavas clasificadas no II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal, foron premiadas cunha fantástica cea no BAR RESTAURANTE PARADELA* (San Xoán de Tabagón) cortesía do seu propietario, Delmiro Pereira Barros.


 


Ata alí se achegaron tamén Rubén Santos Paz e Sergio Casal Fernández, secretario e vicepresidente -respectivamente- da Asociación Os Cabaqueiros do Futbolín, coorganizadora do "Feminino Noticias O Rosal".

*O BAR RESTAURANTE PARADELA está emprazado en San Xoán de Tabagón, na estrada que vai ás Eiras. Para máis información sobre o seu servizo, os seus menús, comidas e ceas, podedes contactar sen compromiso no teléfono 986 611488 e no 671 289 570.

¡¡Dende A Asociación Os Cabaqueiros, a nosa gratitude Miro!!

17 nov 2011

O XV Campeonato Nacional de Futbolín celébrase en Padrón os días 8, 9 e 10 de decembro de 2011



O XV Campionato de España de Futbolín, á volta da esquina. Xogarase no Hotel Scala, de Padrón (A Coruña) os días 8, 9 e 10 de decembro. Inscrición: 80 € a parella. Para os xogadores da LNF a inscrición custará 50 €.

MODALIDADES
Parado: 8 de decembro, 16:00 horas
Feminino: 8 de decembro, 18:00 horas
Movemento: 9 de decembro, 10:00 horas
Mixto: 10 de decembro, 11:00 horas

15 nov 2011

¿Queredes a II CEA-MEGAFESTA DO FUTBOLÍN? Lembramos a celebrada o 26 de novembro de 2010


O venres 26 de novembro celebrouse no Restaurante Juan (O Rosal) a I Gran Cea-Baile. Megafesta do Futbolín 2010.

O evento, organizado pola Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín, reuniu a mozos e mozas amantes deste xogo tradicional, que grazas ao Concello do Rosal está poñéndose de novo de moda non só na propia vila, senón na mesma Comarca do Baixo Miño.





Todo comezou en outubro do pasado ano 2009 coa instauración do I Campionato de Futbolín “Os Cabaqueiros” en lembranza e homenaxe dos vellos mestres telleiros da zona. Este primeiro torneo, creado como unha actividade de ocio enfocada á xuventude, foi finalmente gañado pola parella formada por Sergio (Yeya) Casal Fernández e Luis Martínez Pereira.

Colaboraron co Concello nesa primeira edición, dous locais (Pub J&J e Bar Troya), así como a Fundación O Rosal e Caixanova.

Xa no presente 2010 nace o I Campionato Feminino Noticias O Rosal -exclusivamente para mulleres- que crea esta web cultural, sendo unha iniciativa pioneira a nivel rexional e aínda nacional. As vencedoras foron as rosaleiras Mary Domínguez Rodríguez e Ruth María Martínez.

Despois de varias competicións en distintos bares e cafeterías do municipio, o pasado outubro, e de novo na Festa do Cabaqueiro, celebrouse o II Campionato de Futbolín -que gañaron Diego Martínez Alonso e Diego Álvarez Fernández-, confirmándose este certame como un dos eventos de ocio máis atractivos e agardados do ano no Baixo Miño.

Nesta ocasión, e debido ao éxito do 2009, contouse coa colaboración de máis locais (Cafetería Skape 34, Bar Floro e Bar A Cantina), ou mesmo coa cooperación do mencionado grupo “Os Cabaqueiros do Futbolín”, que naceron precisamente logo da axuda e apoio prestado na organización daquel torneo feminino.

Asistiron pois a esta I Gran Cea-Baile. Megafesta do Futbolín –entre outros- Jesús Mª Fernández Portela, alcalde do Rosal; Pablo Díaz Flores, concelleiro de Xuventude, Ángel Martínez Villa, edil de Deportes e Mª Carmen Alonso, responsable do Departamento de Servizos Sociais e Muller.

O acto contou tamén coa presenza e apoio de dous recoñecidos deportistas da vila, o ciclista Serafín Martínez Acevedo e o triatleta Óscar Vicente Rodríguez.

Así mesmo destacar a participación de José Martínez González (Pepe Berdeal), presidente da Asociación de Comerciantes do Rosal e Iván Diego Martínez, representante da Agrupación Musical da vila, que tiveron –como se pode observar nas imaxes- un protagonismo especial nesa cea.

Juan González Domínguez e Rafael Martínez López, membros da Fundación O Rosal non dubidaron tamén en respaldar este acontecemento para os rapaces e rapazas da Comarca.

A Organización (“Os Cabaqueiros do Futbolín”) realizou varios sorteos durante a cea. Desta maneira, Daniel Martínez González foi agraciado cun “Percorrido Marino” para dúas persoas no Talaso Atlántico de Baiona e Rebeca Rodríguez Rodríguez gañou unha rosca de xema de Confitería Rogelio.

Igualmente entregáronse diversos diplomas, premios e agasallos ás entidades, locais e particulares que colaboraron nos dous campionatos máis importantes da vila (Cabaqueiros e Feminino) así como aos gañadores do I Campionato de PlayStation Fifa 11 que O.C.F. levara a cabo na XXIII Festa do Cabaqueiro:

1º clasificado: Diego Martínez Alonso

2º clasificado: Pablo Martínez Alonso

3º clasificado: Carlos Daniel Díaz Pereira

Harmonizou a velada o cuarteto “3+1” da Agrupación Musical do Rosal, cuxos integrantes a pesares de ter unha dilatada experiencia como músicos da banda, fixeron o seu debut diante do público, xa como grupo. O resultado non puido ser mellor, xa que ofreceron espectáculo a raudais e foron moi aplaudidos, tocando aínda con varios “espontáneos” de luxo, entre eles Pepe Berdeal e Jonathan Martínez Rodríguez.

Unha vez rematada a actuación de 3+1, foi a quenda de Dj Curry, quen coa súa animada sesión, misturando temas de onte, de sempre, e a música máis actual, puxo o broche final a esta I Megafesta.

Os Cabaqueiros do Futbolín queren agradecer en especial, a colaboración nesta ocasión, do propio Restaurante Juan así como de Daniel Rodríguez Martínez e Antonio Lomba Rodríguez (Xián) pola cesión dos seus futbolíns. Asemade, agardan e animan a que este “vicio” ou “enfermidade” que é para moitos/as o xogo do futbolín, se siga estendendo e contaxiando entre os rapaces e rapazas da zona. Sen dúbida, este tipo de actos é unha boa escusa para xuntarse todo o mundo e pasalo realmente ben.

10 nov 2011

Hai Chapa, As Divinas e Bar Floro, ao Campionato de España de Futbolín tras gañar o "Feminino"

 
O domingo 6 de novembro, no Centro Social Polivalente da vila, tivo lugar o acto de entrega de premios do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011, que organizou esta web conxuntamente coa Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín e a colaboración do Concello do Rosal.

Un total de 20 rapazas disputaron este torneo os días 29 e 30 de outubro no Bar Floro, Bar D’Bute e Bar Troya. As tres primeiras parellas clasificadas (Hai Chapa, As Divinas e Bar Floro) xogarán directamente o Campionato de España de Futbolín que se celebrará os días 9, 10 e 11 de decembro en Padrón (A Coruña).



Lembrar que as gañadoras, Mary Domínguez e Ruth Martínez, revalidan o seu título –invictas- pois venceran tamén na primeira edición, a de 2010. Igualmente Mary foi elixida entre as propias participantes como a mellor xogadora do torneo e Ruth como a mellor porteira.

Todas as participantes foron obsequiadas cun novidoso diploma conmemorativo, libros, trofeos e diferentes agasallos. Entre eles, dúas tartas para as campionas, xentileza de Confitería Rogelio (O Rosal), ceas para dúas persoas cortesía do Restaurante Juan, Restaurante Paradela e Bar A Competencia (O Rosal), así como do Woody Pool (Tomiño), ademais dunha noite na casa rural Casa Cabaqueiros (O Rosal).

A Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín quere agradecer publicamente o exemplar comportamento e deportividade das xogadoras inscritas no torneo, así como a colaboración de todas as persoas e entidades que o fixeron posible.

Esta foi a clasificación final do II Campionato Feminino de Futbolín 2011:

1ª: HAI CHAPA (Mary Domínguez Rodríguez e Ruth Mª Martínez Barbosa)

2ª: AS DIVINAS (Conchi Barbosa González e Vanesa Sánchez Fernández)

3ª: BAR FLORO (Maite Martínez González e Noelia Álvarez Baquero)

4ª: CAMPOSINAS (Bea Rodríguez Martínez e María Martínez Pereira)

5ª: TAPERÍA A POUSADA (Sofía Gómez Sobrino e Ana Pérez Otero)

6ª: EVASIÓN (Eva Fernández Vicente e Tania Rodríguez Rodríguez)

7ª: XA ESTAMOS AQUÍ (Clara Lomba Rodríguez e Jenifer López Álvarez)

8ª: FUSIÓN (Rebeca Rodríguez Rodríguez e Luisa Fernández Álvarez)

9ª: MARVAN (Marisa Pérez Rodríguez e Vanesa Rodríguez Vicente)

10ª: AS VITAMINAS (María Senra Álvarez e Nuria González Adrover)

20 oct 2011

Galis e Sergio, "OS ARGINAS", vencedores do III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros


           
Esta fin de semana (8 e 9 de outubro) celebrouse na Praza do Calvario o III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2011. A organización deste evento correu a cargo da Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín e o propio concello rosaleiro, que dende 2009 vén celebrando este torneo como unha actividade máis dentro da Festa do Cabaqueiro, este ano xa na súa XXIV edición.
            Aínda que houbo moitas ausencias significativas -e irremediables- por compromisos adquiridos previamente, un total de catorce parellas participaron no Campionato na honra e lembranza dos mestres telleiros do Baixo Miño.
Braulio Álvarez González (Galis) e Sergio Rodríguez Álvarez, que formaban o equipo “OS ARGINAS” (na imaxe) proclamáronse campións tras gañar na final a “OS ESNORZADOS”, Carlos Alberto Álvarez e Sergio Rodríguez Rodríguez “Trinta”.
O terceiro posto, por decisión da Organización, será compartido por dous equipos, “OS EMBUCHADOS" (Sergio e Diego) e "BRASIL NO SUCÁ" (Alfonso e Juan), xa que por motivos laborais non foi posible celebrar o partido que outorgaría este posto de privilexio.
A clasificación final do III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros quedou así:
III CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS. CONCELLO DO ROSAL 2011

Equipos participantes:

1. Os Faxurdas (Fonsi-Efrén-Juan Trigo)         8.Jouchas F.C. (Iago-Santi)
2. Os Daordes (Xián-Berto)                               9.Os Cachizas (Sant Lima-Dani)
3. Os Esnorzados (Carlos-Trinta)                     10.Os Churumbeleiros (Ángel-Ruth)
4 .Os Arginas (Galis- Sergio)                              11. Os Esbuchados(Trillo-Demo)
5. Escoramos (Mary-Frony)                              12.Os da Jalleira (Vinte- Sevi)
6. Os Calleus (Gerard-José Manuel)                13. Brasil no sucà (Juan-Fon)
7. Os Cacaruxos (Jorge-Gustavo)                    14.Os Jarullentos (Yeya-Javi)
                                                                              
FASE DE GRUPOS
                                            A                                                                                                             B
1.      Escoramos (3+0+0+0+0+0)                        1. Os Calleus (0+3+0+3+0+0) 
2.      Daordes  (0+3+0+3+0+0)                           2. Os Arginas (3+3+3+3+3+3) 
3.      Os Cacaruxos  (0+0+3+3+0+0)                  3. Os Jarullentos (3+3+3+0+3+0) 
4.      Os da Jalleira (3+3+0+3+3+3)                    4. Jouchas F.C. (0+0+0+3+3+0) 
5.      Brasil no sucá (3+3+3+3+3 +3)                   5. Os Esnorzados (3+0+3+0+3+3) 
6.      Os Esbuchados ( 3+3+0+0+3+3)                6. Churumbeleiros (0+3+0+3+3+0) 
7.      Os Cachizas ( 0+0+0+0+0+3)                     7. Os Faxurdas (0+0+0+0+0+0)

PARTIDAS:
                                             A                                                                                     B
Escoramos-Os Daordes (1-3)                                Os Calleus-Os Arginas  ( 1-3 )
Os Cacaruxos-Os da Jalleira  ( 0-3)                      Os Jarullentos-Jouchas F.C. (3-0)
Brasil no sucá-Os Esbuchados (3-0)                     Os Esnorzados-Churumbeleiros (3-1)
Escoramos-Os Cachizas (3-2)                               Os Calleus-Os Faxurdas (3-1)
Os Daordes-Os da Jalleira (2-3)                           Os Arginas-Jouchas F.C. (3-0)
Os Cacaruxos-Brasil no sucá (2-3)                       Os Jarullentos-Os Esnorzados (0-3)
Os Cachizas-Os Esbuchados (1-3)                        Os Faxurdas-Os Churumbeleiros (0-3)
Escoramos-Os Cacaruxos (1-3)                             Os Calleus-Os Jarullentos (2-3)
Os Daordes-Brasil no sucá (2-3)                           Os Arginas-Os Esnorzados (3-1)
Os da Jalleira-Esbuchados (3-1)                            Jouchas F.C.-Os Churumbeleiros (2-3)
                                                 A                           B                                                                                                    
Os Cachizas-Os Cacaruxos (1-3)                         Os Faxurdas-Os Jarullentos ( 1-3)
Escoramos-Os da Jalleira (2-3)                           Os Calleus-Jouchas F.C. (1-3)
Os Daordes-Os Esbuchados (3-0)                       Os Arginas-Os Churumbeleiros (3-0)
Brasil no sucá-Os Cachizas (3-0)                        Os Esnorzados-Os Faxurdas (3-1)
Os Daordes-Os Cacaruxos (3-0)                          Os Arginas-Os Jarullentos
Escoramos-Brasil no sucá (0-3)                           Os Calleus-Os Esnorzados (3-1)
Os da Jalleira-Os Cachizas (3-1)                          Jouchas F.C.-Os Faxurdas (3-0)
Escoramos-O Esbuchados (0-3)                           Os Calleus-Os Churumbeleiros (1-3)
Os Daordes-Os Cachizas (2-3)                             Os Arginas-Os Faxurdas (3-0)
Brasil no sucá-Os da Jalleira (3-0)                      Os Esnorzados-Jouchas F.C.(3-1)
Os Cacaruxos-Os Esbuchados (1-3)                    Os Jarullentos-Os Churumbeleiros (3-1)

CLASIFICACIÓN FASE DE GRUPOS
                                                   A                                                                                                    B 
1.      Brasil no sucá                                                        1. Os Arginas 
2.      Os da Jalleira                                                         2. Os Esnorzados 
3.      Os Esbuchados                                                      3. Os Jarullentos 
4.      Os Daordes                                                            4. Os Churumbeleiros
5.      Os Cacaruxos                                                         5. Os Calleus
6.      Escoramos                                                              6. Jouchas F.C.
7.      Os Cachizas                                                            7. Os Faxurdas
FASE FINAL. ELIMINATORIAS
Clasificados directamente para cuartos os campións de cada grupo: BRASIL NO SUCÁ E OS ARGINAS
OITAVOS DE FINAL
Os Churumbeleiros-Os Cacaruxos(5-2)          Os da Jalleira-Os Faxurdas(5-2)
Os Jarullentos-Escoramos (5-4)                       Os Esbuchados-Os Calleus (5-3)
Os Cachizas-Os Esnorzados (0-5)                    Os Daordes-Jouchas F.C. (5-0)
   
CUARTOS DE FINAL
Brasil no sucá-Os Churumbeleiros (5-0)
Os Jarullentos-Os Esnorzados  (2-5)
Os da Jalleira-Os Esbuchados (1-5)
Os Daordes –Os Arginas (1-5)

SEMIFINAIS
Brasil no sucá-Os Esnorzados (4-7)
Os Esbuchados-Os Arginas (6-7)                        
                                                                                                      
3º E 4º POSTO
Brasil no Sucá-Esbuchados (Non se puido disputar. Acordouse que os dous equipos, 3º)

FINAL
Os Esnorzados-Os Arginas (3-7)

CLASIFICACIÓN FINAL DO III CAMPIONATO OS CABAQUEIROS

CAMPIÓN: OS ARGINAS (Galis e Sergio)
SUBCAMPIÓN: OS ESNORZADOS (Carlos e Sergio “Trinta”)
TERCEIROS: OS ESBUCHADOS (Sergio “Demo” e Diego “Trillo”) / BRASIL NO SUCÁ (Fon e Juan)
5º- OS DA JALLEIRA (Carlos “Sevi” e Sergio “29”)
6º- OS JARULLENTOS (Sergio “Yeya” e Javi “Trinta”)
7º- OS CHURUMBELEIROS (Ángel e Ruth)
8º- OS DAORDES (Antonio “Xián” e Alberto)
9º- OS CALLEUS (Gerard e José Manuel)
10º- OS CACARUXOS (Jorge “Yors” e Gustavo)
11º- JOUCHAS F.C. (Iago e Santi)
12º- ESCORAMOS (Mary e Sergio “Frony”)
13º- OS CACHIZAS (Santi e Dani)
14º- OS FAXURDAS (Fonsi, Efrén e Juan Trigo)