11 jul 2011

Benvidos/as ao blog oficial da Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín



Benvidos/as ao blog oficial da recién creada Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín, inscrita oficialmente no Rexistro Provincial de Asociacións dende o 14 de xuño de 2011.

HISTORIA

Todo comezou en outubro do pasado ano 2009 coa instauración do I Campionato de Futbolín “Os Cabaqueiros” en lembranza e homenaxe dos vellos mestres telleiros da zona. Este primeiro torneo, creado como unha actividade de ocio enfocada á xuventude, foi finalmente gañado pola parella formada por Sergio (Yeya) Casal Fernández e Luis Martínez Pereira.

Colaboraron co Concello nesa primeira edición, dous locais (Pub J&J e Bar Troya), así como a Fundación O Rosal e Caixanova.

Xa no 2010 nace o I Campionato Feminino Noticias O Rosal -exclusivamente para mulleres- que crea esta web cultural, sendo unha iniciativa pioneira a nivel rexional e aínda nacional. As vencedoras foron as rosaleiras Mary Domínguez Rodríguez e Ruth María Martínez.

Despois de varias competicións en distintos bares e cafeterías do municipio, o pasado outubro, e de novo na Festa do Cabaqueiro, celebrouse o II Campionato de Futbolín -que gañaron Diego Martínez Alonso e Diego Álvarez Fernández-, confirmándose este certame como un dos eventos de ocio máis atractivos e agardados do ano no Baixo Miño.

Nesta ocasión, e debido ao éxito do 2009, contouse coa colaboración de máis locais (Cafetería Skape 34, Bar Floro e Bar A Cantina), ou mesmo coa cooperación do grupo “Os Cabaqueiros do Futbolín”, que naceron precisamente logo da axuda e apoio prestado na organización daquel torneo feminino.

Pero a "bomba" desta Asociación chegou os días 5, 6 e 7 de decembro de 2010, pois se celebrou en Padrón (A Coruña) o “XIV Campeonato Nacional de Futbolín”.

Ata alí se desprazaron as mellores parellas de toda España para disputar este torneo en diferentes modalidades (combinada, parado, feminino e movemento).

O rosaleiro Carlos Álvarez Antúnez (Sevi) e o goianés Daniel Rodríguez Martínez –membros de “Os Cabaqueiros do Futbolín”- proclamáronse Campións de España desta última (movemento F-2) tras gañar na final aos cataláns Javier e Óscar.

Sevi e Dani, ao igual que os gañadores do "Cabaqueiros" e o "Feminino Noticias O Rosal" recibiron unha homenaxe no Concello do Rosal, sendo felicitados e recibidos polo Alcalde e o seu concelleiro de Deportes.

Dende aquela, entre os fins da Asociación "Os Cabaqueiros do Futbolín" están o promover a Cultura e a Festa do Cabaqueiro, fomentar o desenrolo cultural do Baixo Miño, así como promocionar o xogo do futbolín e crear un ambiente de festexo entre todos os veciños e veciñas da Comarca e arredores.

0 comentarios: