Rematou a temporada 2011/12 da Liga Nacional de Futbolín. Liga O Rosal. Lembramos que comezou o 4 de novembro de 2011 e finalizou o 27 de abril de 2012.
Despois de examinar unha por unha todas as actuacións dos equipos participantes e os partes da Liga remitidos pola Asociación Os Cabaqueiros, e logo da reunión mantida cos responsables da competición no Baixo Miño (Recreativos Jopeco, con Alfonso Méndez Núñez á cabeza) e dos responsables nacionais (Recreativos Presas, con José Luis Busto ao fronte) estes deciden que a clasificación final sexa a seguinte:
CLASIFICACIÓN FINAL
LIGA NACIONAL DE FUTBOLÍN
LIGA O ROSAL 2011/2012
P.J. P.G. P.E. P.P. P.FAV P.CONTRA PUNTOS
1º.- OS NENOS 21 15 3 3 127 63 48
2º.- BAR TROYA 18 15 1 2 116 57 46
3º.- SEVILLA F.C. 16 13 1 2 104 45 40
4º.- OS SERGIOS 17 10 4 3 102 73 34
5º.- PORTECELO 18 10 3 5 104 72 33
6º.- OS KAKARUXOS 20 10 2 8 103 93 32
7º.- OS AMIGOS 25 9 3 13 116 127 30
8º.- 3+1 10 4 1 5 55 56 13
9º.- SKAPE 34 12 3 1 8 49 72 10
10º.- EN COMPLOR!! 15 3 0 12 46 99 9
11º.- BAR FLORO 2 16 1 1 14 54 111 4
12º.- BAR FLORO 10 0 0 10 12 70 0
13º.- D’BUTE 7 0 0 7 9 49 0
¡¡Dende a Asociación Os Cabaqueiros, a nosa noraboa para o equipo campión, OS NENOS (Braulio Álvarez González, Sergio Rodríguez Álvarez e Ángel Martínez Diego)!!
En datas vindeiras, Presas convocará unha reunión para que se abonen os 25 euros por equipo adebedados da Liga Nacional deste ano, imprescindibles para participar en próximas edicións e en sucesivos campionatos, así como para poñer día e hora do acto de entrega de premios.
Segundo confirma Alfonso Méndez Núñez, a idea é que todos os participantes que xogaron nesta Liga -entre outros agasallos- sexan convidados a unha gran cea a celebrar nun coñecido restaurante da zona.
O organizador deste tipo de eventos de futbolín a nivel nacional, José Luis Busto, ven de comunicar á Asociación que a finais de xuño se xogará a Fase Final da Liga Nacional, en Valladolid.
0 comentarios:
Publicar un comentario