Gera e Yeya proclámanse campións do especial IV Campionato de Futbolín

Na imaxe os 26 participantes deste IV Campionato de Futbolín 2012 na honra dos Cabaqueiros

9 oct 2012

GERA E YEYA PROCLÁMANSE CAMPIÓNS DO ESPECIAL IV CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS. CONCELLO DO ROSAL 2012

O sábado 6 de outubro celebrouse no Salón de Exposicións Municipal, na Praza do Calvario, o IV Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2012, con motivo do XXV Aniversario da Festa do Cabaqueiro. Foron finalmente 26 xogadores (entre eles 6 rapazas) os que competiron neste xa tradicional torneo de futbolín. Por ser unha efeméride especial (a...

2 oct 2012

CELEBRAMOS O XXV ANIVERSARIO DA FESTA DO CABAQUEIRO. DÍAS 6, 11, 12, 13 E 14 DE OUTUBRO

Este 2012 conmemoramos o 25 Aniversario da Festa do Cabaqueiro, en lembranza e homenaxe aos vellos mestres telleiros do Baixo Miño. O luns 1 de outubro celebrouse no Concello do Rosal a reunión cos cabaqueiros e a presentación da Festa (na imaxe). Presentou e dirixiu o acto a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, asistindo igualmente o alcalde, Jesús Mª...

21 jun 2012

A ASOCIACIÓN OS CABAQUEIROS ESTIVO NA PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ÁNGELES VEREA

O venres 15 de xuño tivo lugar no Centro Cultural da Guarda a presentación do libro Os desprazamentos estacionais dos telleiros do Baixo Miño (1750-1899) e das actuacións realizadas nos Fornos Cerámicos da Xunqueira de Salcidos.  Deu a benvida o concelleiro de Patrimonio guardés, Javier Crespo González, quen se encargou á súa vez, de presentar...

14 jun 2012

PRESENTACIÓN DUN LIBRO DOS CABAQUEIROS DO BAIXO MIÑO, ESTE VENRES, NA GUARDA

Diferentes membros da Asociación Os Cabaqueiros están convidados á presentación do libro Os desprazamentos estacionais dos telleiros do Baixo Miño, da autoría de Ángeles Verea Castelo* e das actuacións realizadas nos Fornos Cerámicos da Xunqueira de Salcidos.  O acto se celebrará este venres 15 de xuño ás 20:30 horas no Centro Cultural da Guarda. Presidente...

13 jun 2012

VTELEVISIÓN EMITIRÁ EN BREVE UNHA PEQUENA RESEÑA DA ASOCIACIÓN OS CABAQUEIROS

Segundo nos comunican, emitirase en breve nos informativos de VTELEVISIÓN unha pequena reseña sobre a Asociación Os Cabaqueiros, como homenaxe aos nosos vellos mestres telleiros neste 25 aniversario da súa Festa, lembrando tamén os campionatos que organizamos e organizaremos. (Na imaxe, os cabaqueiros participantes na demostración do pasado ano de...

12 jun 2012

BIOGRAFÍA DE VICENTE FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, "VICENTE DE ADRIÁN". (Parte II)

Segunda parte da homenaxe-biografía de Vicente   TELLEIRA DE NAVAS DE LA ASUNCIÓN             Aquí en Segovia, temporada de 1957, Vicente traballou en sociedade con seu cuñado Manuel Pérez Portela. Manuel actuaba como buxa, e Vicente, como xefe de persoal ou da cuadrilla, e ambos como oficiais....

HOMENAXE AO CABAQUEIRO VICENTE FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, "VICENTE DE ADRIÁN"

                Na Memoria da XXIII Festa do Cabaqueiro, da autoría de Xoán Martínez Tamuxe e editada polo Concello do Rosal o pasado ano, pódese ler a biografía, a modo de homenaxe de Vicente Fernández Álvarez, alias "Vicente de Adrián": “O noso biografiado, fillo de Antonio e de Teresa, naceu na...

OS CABAQUEIROS DO BAIXO MIÑO E AS TELLEIRAS DE CESANTES, POR JOSÉ BOUZÓN

En primeiro lugar gustaríame agradecer, no meu nome e en nome do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy, a quen represento, a invitación para ler o pregón da vixésimo terceira festa do Cabaqueiro, sobre todo tendo en conta a nosa curta achega ao grupo de persoas que traballan no estudo e na recuperación da historia dos cabaqueiros. Foi en setembro do ano 2006,...

Page 1 of 1312345Next