24 nov 2011

¿Coñeces as MEMORIAS DO CABAQUEIRO?



A "Memoria do Cabaqueiro" é unha interesante publicación anual que edita o Concello do Rosal como lembranza e homenaxe aos cabaqueiros (telleiros), considerados por moitos, herdeiros dos ceramistas romanos que ocuparon os castros da bisbarra.

O seu autor é o historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe, que xa en 1988 explicaba na primeira Memoria -estaba escrita en castelán (ata 1998 non se editaron en galego)- os motivos e razóns para a creación desta publicación: crear documentación, ser un tema histórico-antropolóxico da vida galega e lembrar que O Rosal estaba obrigado a coñecer o tema, a ter noticias escritas e orais máis que ningún outro pobo "ya que O Rosal, con la parroquia de Salcidos (A Guarda), está obligado a difundir, conservar, defender y transmitir a nuestros descendientes en generaciones venideras esta singular manifestación histórico-cultural... ya que esta zona es la cuna y cátedra de esta realidad antropológica, etnográfica, etc".



Na imaxe de arriba, a portada da última Memoria, a deste ano 2011, onde se fai un percorrido por todo o que sucedeu na XXIII Festa do Cabaqueiro (2010), sendo o motivo do prato conmemorativo (sobre estas liñas) unha fotografía dos gañadores do I Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2009, cos mestres telleiros e autoridades.

0 comentarios: