12 dic 2011

AS ROSALEIRAS RUTH MARTÍNEZ E MARY DOMÍNGUEZ CONSEGUEN UN MERITORIO 5º POSTO NO “XV CAMPEONATO NACIONAL"


Finalmente foron once os equipos representantes da Asociación Os Cabaqueiros e do Baixo Miño no "XV Campeonato Nacional de Futbolín" que se celebrou dende o xoves 8 e ata o sábado 10 de decembro en Padrón (A Coruña).

Lembramos que participaron invitadas neste novo Campionato de España, as tres primeiras parellas clasificadas no II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011: HAI CHAPA (Mary Domínguez e Ruth Martínez, 5º posto), AS DIVINAS (Conchi Barbosa Vanesa Sánchez, 13º) e BAR FLORO (Maite Martínez e Noelia Álvarez, 15º).

Previa inscrición, xogaron este torneo a nivel nacional, na modalidade "parado" os equipos ANXO-DELIO (Ángel Martínez e Rubén Santos, 12º), OS NENOS (Braulio Álvarez e Sergio Rodríguez, 16º), BAR TROYA (Sergio Casal e Juan Martínez, 18º) e PORTECELO (Carlos Álvarez e Marcos Casal, 38º na F-1, tamén en "movemento", 19º).


E o sábado, no "Mixto-F2” os equipos ÁNGEL-ANABEL (Anabel Magariños e Ángel Martínez, 6º), MARVAN (Marcos Casal e Vanesa Rodríguez, 7º), PORTECELO 2 (Marisa Pérez e Carlos Álvarez, 8º) e HAI CHAPA NENOS (Mary Domínguez e Braulio Álvarez, 9º).


O resultado máis destacado da expedición baixomiñota foi o 5º posto conseguido por Ruth e Mary, vencedoras do II Campionato Feminino Noticias O Rosal, que a pesar de xogar na modalidade de movemento (sen parar a bola na dianteira) case chegan ás semifinais, sendo eliminadas polas Campionas de España absolutas, Alba Quiroga e Paula Carreiro, que novamente repetiron triunfo.

Temos que destacar e agradecer dende a Asociación Os Cabaqueiros o compañeirismo e o bo ambiente amosado polos nosos veciños/as e polos centos de equipos participantes, así como deixar constancia do altísimo nivel de xogo existente neste XV Campionato de España de Futbolín. A nosa noraboa.

0 comentarios: