Gera e Yeya proclámanse campións do especial IV Campionato de Futbolín

Na imaxe os 26 participantes deste IV Campionato de Futbolín 2012 na honra dos Cabaqueiros

20 oct 2011

Galis e Sergio, "OS ARGINAS", vencedores do III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros

            Esta fin de semana (8 e 9 de outubro) celebrouse na Praza do Calvario o III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2011. A organización deste evento correu a cargo da Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín e o propio concello rosaleiro, que dende 2009 vén celebrando este torneo...

6 oct 2011

Programa das Festas da Pilarica e da XXIV Festa do Cabaqueiro 2011 que organiza o Concello do Rosal

  As FESTAS DA PILARICA e a "XXIV ROMANCHA DO CABAQUEIRO" celebraranse na Praza do Calvario do Rosal durante os días 8, 9, 11 e 12 de outubro. Ao igual que os últimos anos, a Festa do Cabaqueiro 2011 ven cargada de atractivos eventos músico-culturais para nenos, mozos e adultos (verbena, festivais, actuación da Banda, III Campionato de Futbolín ou mesmo demostración...

4 oct 2011

O equipo OS ESNORZADOS, míticos PORTECELO confirman tamén a súa participación por terceira vez

O equipo OS ESNORZADOS (Os Estropeados, esnaquizados, en definitiva, maliños...) integrado por Marcos Casal Fernández e Carlos Alberto Álvarez da Concepción, estarán nesta ocasión axudados por Sergio Rodríguez Rodríguez (na foto, debaixo destas liñas), que se estrea no Campionato Os Cabaqueiros. Lembramos que tanto Marcos como Carlos teñen participado en todos os torneos...

3 oct 2011

O equipo GHOUCHAS F.C. volve ao Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2011

O equipo GHOUCHAS F.C. (Mans F.C.) formado por Iván Sobrino Rodríguez e Iago Pereira Troncoso, confirma tamén a súa participación neste III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Lembramos que tanto Iván como Iago xogaron o I Campionato que se celebrou en 2009, xunto a Óscar Braga (Xube), sendo daquela o nome do equipo: REAL MADRID. Nesta divertida imaxe...

2 oct 2011

A Asociación Os Cabaqueiros está aberta a todos/as e agradecerá calquera tipo de colaboración

Se eres un particular ou ben tes un local ou unha empresa (tanto sexa "pequena", mediana ou "grande"), queres botar unha man e colaborar na realización de eventos deportivo-culturais, comezando por este III Campionato de Futbolín na honra dos mestres Cabaqueiros... ¡Aínda estás a tempo! Somos unha Asociación sen ánimo de lucro, formada por rapaces...

Bases do III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros

Poderán apuntarse todas as persoas que pertenzan ao BAIXO MIÑO (O Rosal, A Guarda, Oia, Tomiño e Tui) como máximo ata o venres 7 de outubro ás 21:00 horas, na propia PRESENTACIÓN DO CAMPIONATO, que se celebrará no Centro Social Polivalente do Rosal (rúa Cabaqueiros, nº 4). Á hora da presentación do Campionato e sorteo dos cruces entre as parellas participantes deberá asistir...

O equipo OS CACHIZAS (Dani e Santi) xogarán o III Campionato Os Cabaqueiros. Concello do Rosal

Segundo nos acaban de confirmar, a parella formada por Daniel Rodríguez Rodríguez e Santiago Lima Ameal participará no III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Dani e Santi, que o ano pasado integraban o equipo BE WATER MY FRIEND. PARIÑA BORETA DAORDE (Sé auga meu amigo), este 2011 optaron por unha denominación máis "clásica": OS CACHIZAS (Os rapaces). ¡¡Moita...

Page 1 of 1312345Next