2 oct 2011

Bases do III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros




Poderán apuntarse todas as persoas que pertenzan ao BAIXO MIÑO (O Rosal, A Guarda, Oia, Tomiño e Tui) como máximo ata o venres 7 de outubro ás 21:00 horas, na propia PRESENTACIÓN DO CAMPIONATO, que se celebrará no Centro Social Polivalente do Rosal (rúa Cabaqueiros, nº 4).
Á hora da presentación do Campionato e sorteo dos cruces entre as parellas participantes deberá asistir polo menos o capitán de cada equipo.
Ao igual que o ano pasado os NOMES DOS EQUIPOS participantes deberán ser palabras, frases ou expresións da fala ou “verbo” do CABAQUEIRO (agás equipos patrocinados).
As entidades organizadoras, Asociación Os Cabaqueiros e o Concello do Rosal resérvanse o dereito de admisión.

REGULAMENTO E NORMAS DE XOGO
-A competición da Fase de Grupos será ao mellor de tres partidas. Gañará por tanto aquela parella que consiga a vitoria en dúas. O vencedor de cada partida será o primeiro que marque 5 bolas (esta opción poderase cambiar en función das parellas inscritas).
-Bola de saque: bola ao medio. Quen marque, decide que equipo saca.
-Cando se produza un empate a 4 goles, sacará o equipo que recibiu o último gol.
-Quen gaña a partida, decidirá quen saque a primeira bola da seguinte.
-Os saques de gol serán dende a defensa, tendo que dar dous toques contra a parede antes de tirar.
-Goma. Non será considerado gol válido o arrastre da bola así como o remache á liña da defensa, sendo ambas accións gol nulo e a bola para o que encaixa o gol. Non vale remachar ao porteiro coa dianteira pero si coa media.
-Será válido o gol que -tirando dende a defensa- rebote no dianteiro, sen “cuchara”. O árbitro será o encargado de ver se houbo ou non esa cuchara ilegal.
-Non serán válidas as xogadas derivadas de mover o futbolín, golpear, xirar, tensar as barras ou soprar a bola. Non estará permitido igualmente facer vaselinas, “remolinos” ou arrastrar.
-O saír a bola do futbolín. A bola será para o último que recibiu o gol.
-Non estará permitido fumar ou beber no transcurso das partidas.
-Os xogadores non poderán efectuar cambios de posición durante o partido e deberán esperar á seguinte partida.
-Ao rematar cada eliminatoria os participantes deberán saudarse deportivamente.
-Os horarios deben ser respectados. Darase unha marxe de 15 minutos. A non comparecencia dun equipo na súa quenda de xogo suporalle a perda do partido ou eliminatoria.
-Ao final de cada partida cambiarase de campo se hai consenso.
-Todos os sorteos e dúbidas durante o xogo serán resoltas polo árbitro. As súas decisións serán inapelables.
-Haberá figura do suplente só por forza maior de imposibilidade de comparecencia. Terá que efectuarse con previo aviso e inscrición.
-Todos os xogadores polo simple feito da súa inscrición se comprometen á aceptación destas regras e a acatar as decisións e fallos da Organización.

0 comentarios: