4 oct 2011

O equipo OS ESNORZADOS, míticos PORTECELO confirman tamén a súa participación por terceira vez




O equipo OS ESNORZADOS (Os Estropeados, esnaquizados, en definitiva, maliños...) integrado por Marcos Casal Fernández e Carlos Alberto Álvarez da Concepción, estarán nesta ocasión axudados por Sergio Rodríguez Rodríguez (na foto, debaixo destas liñas), que se estrea no Campionato Os Cabaqueiros.


Lembramos que tanto Marcos como Carlos teñen participado en todos os torneos en honor aos mestres telleiros dende que se comezou en 2009. O nome do equipo foi sempre PORTECELO.

Na imaxe, xunto a Amparo Álvarez Rivero, na entrega de trofeos que os acreditaba como os actuais campións do I Torneo de Futbolín Bar Floro celebrado en novembro de 2010.

0 comentarios: