22 mar 2012

A ASOCIACIÓN OS CABAQUEIROS COMEZA A REESTRUTURACIÓN DA LIGA NACIONAL DE FUTBOLÍN QUE SE DISPUTA NA VILA DO ROSAL




Rapaces e rapazas, en primeiro lugar, comunicámosvos que a Asociación Os Cabaqueiros, despois dun difícil e lento proceso, xa dispón de todas as actas da Primeira División da Liga Nacional de Futbolín. O Rosal. Temp. 2011/2012 e ten plenos poderes para levar a bo porto esta competición.

Agora si, por fin, e oficialmente, comezará a coordinar os partidos, publicar os resultados e a correspondente clasificación.

A Asociación Os Cabaqueiros será, polo tanto, o enlace con Presas, cos xogadores e cos locais que participan na Liga Nacional, intentando ofrecer a máxima información posible, poñer en contacto aos equipos participantes e solventar calquera dúbida ou problema. Para o que queirades, aquí estamos.

Como sempre, convencidos de que, con paciencia, optimismo, ilusión, traballo, compromiso, respecto e unión entre todos/as, conseguiremos rescatar esta Liga do "ostracismo" e por que non, que tamén sexa un dos torneos de futbolín máis atractivos da comarca baixomiñota.

Anunciaremos en breve cales son os partidos atrasados e que están pendentes de xogar, para poñer dunha vez por todas a Primeira División da Liga Nacional ao día e poder coordinar nun futuro próximo a División de Plata e a categoría Feminina.

A Asociación Os Cabaqueiros, será dende este momento, a máxima responsable da Liga Nacional no Baixo Miño, de modo que, todos os xogadores/as polo simple feito da súa inscrición se comprometen a acatar os seus fallos e decisións.

Ao igual que os eventos de futbolín que se teñen organizado, a Asociación Os Cabaqueiros resérvase o dereito de admisión de equipos e/ou xogadores/as nesta Liga Nacional.

Para calquera dúbida, crítica (agradecemos sexa construtiva), aclaración, suxestión ou idea, lembrade que dispoñedes do noso correo:

¡¡Graciñas e saúdos!!

Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín

0 comentarios: