skip to main
|
skip to sidebar
Páxina Principal
Inicio
Benvid@s ao noso blog
IMAXES E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS
Contacta coa Asociación Os Cabaqueiros
14 feb 2012
O ROSAL ACOLLERÁ O I CAMPIONATO GALEGO DE FUTBOLÍN COA COLABORACIÓN DO CONCELLO E DA ASOCIACIÓN OS CABAQUEIROS
6:53
Os Cabaqueiros do Futbolín
Sen comentarios
O venres 10 de febreiro tivo lugar no Centro Social Polivalente do Rosal a presentación da Liga Nacional de Futbolín no Baixo Miño que organizará a Asociación Os Cabaqueiros a partir deste ano 2012 en colaboración con Presas e Recreativos Jopeco.
Abriu este acto o alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, quen deu a benvida aos asistentes e foi presentando un por un aos convidados ao evento, facendo fincapé na presenza de Alfonso Méndez Sánchez, propietario de Recreativos Jopeco e delegado de Presas na comarca baixomiñota, de José Luis Busto, máximo responsable da organización deste tipo de eventos a nivel nacional e coordinador da web mundofutbolín.com, ademais de saudar a Simón González, trece veces Campión do Mundo de Full-Contact.
Destacou igualmente o Alcalde a asistencia de tres mestres telleiros (Trintiña, Piedra e Juanciño) ademais de contar no acto co historiador local e coordinador da Festa do Cabaqueiro, Xoán Martínez Tamuxe.
Fernández Portela e o seu concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz confirmaron que, aparte da Liga Nacional que a Asociación organizará no Baixo Miño, O Rosal será a sede do I Campionato Galego de Futbolín os días 10 e 11 de marzo de 2012.
O presidente da Asociación Os Cabaqueiros, Juan Ramón Martínez Barbosa, tomou a palabra, agradecendo a colaboración que ven ofrecendo o Concello do Rosal dende 2009 para a celebración de eventos relacionados co futbolín, tales como o propio Campionato Os Cabaqueiros, o Mixto Festas do Pilar ou mesmo o Feminino Noticias O Rosal.
Procedeuse pois á entrega dos diplomas conmemorativos tanto do I Open do Rosal celebrado en xaneiro no Bar Troya (a cargo de Zaira Solla Rodríguez) como do II no Bar Floro (por Alfonso Méndez Sánchez).
Os colaboradores (empresas e particulares) que teñen colaborado durante o ano 2011 coa Asociación tamén foron homenaxeados.
Afirmou Juan Ramón que a proposta final da Asociación -co visto bo e a supervisión de Recreativos Jopeco e Presas, na persoa de José Luis Busto- é a de crear dúas categorías (1ª e 2ª División) así como unha Liga Feminina Nacional no Baixo Miño que remataría en maio, estando todos os equipos participantes federados.
Na actualidade hai 13 equipos en 1ª División na Liga Nacional, abríndose agora o prazo para a 2ª e a Liga Feminina.
Tanto Alfonso Méndez como José Luis Busto contestaron a todas as preguntas e dúbidas dos xogadores/as presentes, pechando as intervencións Simón González, quen declarou, para sorpresa de todos, que están moi avanzadas as negociacións para celebrar tamén no Rosal e aproveitando o evento “futbolineiro”, o sábado día 10, o I Campionato Galego de Kickboxing.
A Asociación Os Cabaqueiros, ao final do acto agasallou aos asistentes cuns pinchiños e un viño galego.
Temas:
Entrada más reciente
Entrada antigua
Inicio
0 comentarios:
Publicar un comentario
Portada
Busca rápida
Arquivo do blog
Os Cabaqueiros do Futbolín en Facebook
Atopa a túa noticia
Bar Floro
(1)
Bar-Tapería A Competencia (O Rosal)
(1)
Braulio Álvarez González (Galis)
(1)
Campeonato de España de Futbolín
(3)
Conchi Barbosa
(1)
Dani Rodríguez
(1)
Daniel Rodríguez Rodríguez
(1)
Delio (Rubén Santos Paz)
(1)
Erea Castro
(1)
I Campionato "Os Cabaqueiros". Concello do Rosal 2009
(3)
II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011
(3)
III Campionato Os Cabaqueiros 2011
(6)
Liga Nacional de Futbolín
(1)
Luis Martínez Pereira
(1)
Luisa Fernández Álvarez
(1)
Maite Martínez González
(1)
Marcos Casal
(1)
María Senra Álvarez
(1)
Mary Domínguez
(2)
Memoria do Cabaqueiro
(1)
Noelia Álvarez Baquero
(1)
Nuria González Adrover
(1)
Rebeca Rodríguez Rodríguez
(1)
Restaurante A Paradela (O Rosal)
(1)
Ruth Mª Martínez
(1)
Santiago Lima Ameal
(1)
Sergio Rodríguez Álvarez
(1)
Sergio Rodríguez Rodríguez
(1)
Sevi (Carlos Álvarez Antúnez)
(2)
Xoán Martínez Tamuxe
(1)
XV Campeonato Nacional de Futbolín. Padrón 2011
(1)
Yeya Casal
(3)
Todas as nosas entradas
▼
2012
(25)
►
octubre
(2)
►
junio
(8)
►
mayo
(1)
►
marzo
(6)
▼
febrero
(6)
SEVI E DANI GAÑAN CON AUTORIDADE O I TORNEO DE FUT...
ÉXITO DO I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN ORGANIZADO NA GU...
O ROSAL ACOLLERÁ O I CAMPIONATO GALEGO DE FUTBOLÍN...
A PRESENTACIÓN DA LIGA NACIONAL DE FUTBOLÍN NO BAI...
SERGIO DIEGO E CARLOS ÁLVAREZ, “OS CATAS”, CAMPIÓN...
II OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012. BAR FLORO
►
enero
(2)
►
2011
(24)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(6)
►
octubre
(7)
►
septiembre
(5)
►
julio
(1)
GERA E YEYA, CAMPIÓNS DE 2012
TUKA E QUESY TAMÉN TRIÚNFAN
Elixidos mellor porteiro e mellor xogador 2012
Noticias máis populares
A ASOCIACIÓN OS CABAQUEIROS ESTIVO NA PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ÁNGELES VEREA
O venres 15 de xuño tivo lugar no Centro Cultural da Guarda a presentación do libro Os desprazamentos estacionais dos telleiros do Ba...
BIOGRAFÍA DE VICENTE FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, "VICENTE DE ADRIÁN". (Parte II)
Segunda parte da homenaxe-biografía de Vicente TELLEIRA DE NAVAS DE LA ASUNCIÓN Aquí en Segovia, temporada de ...
DECISIÓNS DA ASOCIACIÓN OS CABAQUEIROS CON RESPECTO Á LIGA NACIONAL E AOS CAMPIONATOS DE FUTBOLÍN DESTE ANO 2012
A Asociación Os Cabaqueiros quere deixar claros todos os temas que están “no aire” e, para comezar, lembra algúns puntos do REGLAMENTO OFIC...
O equipo GHOUCHAS F.C. volve ao Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2011
O equipo GHOUCHAS F.C. (Mans F.C.) formado por Iván Sobrino Rodríguez e Iago Pereira Troncoso , confirma tamén a súa participación neste...
II OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012. BAR FLORO
Na imaxe, Amparo pousa co "Mapache", mascota dos OPEN Este venres 3 de febreiro, a partir das 20:30 horas, celebrarase no Bar ...
¿Queredes a II CEA-MEGAFESTA DO FUTBOLÍN? Lembramos a celebrada o 26 de novembro de 2010
O venres 26 de novembro celebrouse no Restaurante Juan (O Rosal) a I Gran Cea-Baile. Megafesta do Futbolín 2010. O evento, organizado pola...
Ruth e Mary, bicampionas
Revalidan o seu título invictas. Fai clic para ver a reportaxe do acto de entrega de premios
Sevi e Dani, Campións de España
Vencedores de Movemento F-2 (2010) en Padrón
0 comentarios:
Publicar un comentario