Gera e Yeya proclámanse campións do especial IV Campionato de Futbolín

Na imaxe os 26 participantes deste IV Campionato de Futbolín 2012 na honra dos Cabaqueiros

XXV aniversario da Festa do Cabaqueiro (6, 11, 12, 13 e 14 de outubro)

Na imaxe o Alcalde, concelleiros, cabaqueiros e organizadores da Festa durante a súa presentación

O Rosal acolleu o I Campionato Galego de Futbolín oficial do ano 2012

Na imaxe, algúns dos xogadores/as da Asociación participantes, pousando diante do "Cabaqueiro"

Sevi e Dani gañan con autoridade o I Torneo de Futbolín Dalle co Sacho!

O evento estivo organizado pola A. C. A Velha na Horta coa colaboración da Asociación Os Cabaqueiros

Pablo e Mingos, vencedores do I Campionato de Futbolín San Xerome

O Campionato estivo organizado polo Centro San Xerome coa colaboración da Asociación

Frony e Carlos, campións do II Open de Futbolín O Rosal 2012. Bar Floro

Na imaxe, os vencedores pousan na entrega de premios con Amparo, propietaria do Bar Floro

Jallas e Diego, campións do I Open de Futbolín O Rosal 2012. Bar Troya

Na imaxe, os 38 participantes da novidosa iniciativa de xogo "por sorteo" da Asociación Os Cabaqueiros

Ruth e Mary, conseguen o 5º posto no Campionato Nacional de Futbolín

Na imaxe, os equipos do Baixo Miño participantes na modalidade "parado" e no "feminino". ¡Noraboa!

Os Arginas, Os Esnorzados, Os Embuchados e Brasil no Sucá, vencedores

Na imaxe no máis alto do podium, Sergio e Galis, campións; Sergio "Trinta" e Carlos (subcampións) e Juan e Sergio "Demo", terceiros, na compaña do Alcalde, pregoeira, xogadores e os mestres cabaqueiros

As Divinas, Hai Chapa e Bar Floro, ao Campionato de España de Futbolín

Na imaxe Conchi e Vanesa (subcampionas), Mary e Ruth (campionas), Noe e Maite (terceiras clasificadas), gañadoras do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011

A Asociación participou por primeira vez na reunión previa da FESTA

Na imaxe Yeya, Sevi e Delio pousan xunto coa concelleira de Cultura, Charo Tabales, o coordinador da Festa, Xoán Tamuxe e os CABAQUEIROS Luis, Juanciño, Alfredo,Trintiña, Praxíteles, Piedra e Juan V.

Os mestres cabaqueiros inauguraron o II Campionato de Futbolín 2010

Na imaxe, Trintiña e Yeya vs Juan Vicente e Luis na partida inaugural do pasado ano.

Os vencedores do I Campionato de Futbolín 2009 pousan cos Cabaqueiros

Yeya e Luis no máis alto dun podium que completaron Galis e Sergio (subcampións) e "Os Dous Diegos", terceiros. Na imaxe cos mestres telleiros, o Alcalde e a concelleira de Cultura

O noso sincero agradecemento á MARISQUERÍA O ROXO (A Guarda)

Sergio Casal fai entrega dun cadro e copiña, agasallo da Asociación, á propietaria e ao pequeno Ángel

¡¡Graciñas ao BAR FLORO pola súa inestimable e exemplar colaboración!!

As simpáticas irmás Delia e Amparo pousando diante da estatua en homenaxe ao Cabaqueiro

Toda a nosa gratitude para Enrique e a casa rural CASA CABAQUEIROS

Na imaxe Carlos, Marcos, Jorge, o propio Enrique, Yeya, Diego, Ángel e Sergio na Casa Cabaqueiros

O noso sincero agradecemento ao RESTAURANTE JUAN (O Rosal)

Na imaxe, o propio Juan felicitou e obsequiou cunha impresionante mariscada a Ruth e Mary, gañadoras do I Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2010

A nosa gratitude ao BAR TROYA pola súa colaboración xa dende 2009

Zaira Solla e Yeya Casal pousan co cartel anunciador do III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros

Graciñas ao BAR D'BUTE pola súa colaboración nos Campionatos

Sevi (campión de España F-2, 2010) e Galis (campión do Cabaqueiros, 2011) suxeitan a pancarta anunciadora do I Campionato Mixto de Futbolín, con Javi González (Bute) e o seu camareiro, José

O noso sincero agradecemento a CONFITERÍA ROGELIO (O Rosal)

Na imaxe, Begoña López Vicente pousa diante da estatua do Cabaqueiro coa súa irmá.

2 oct 2011

A Asociación Os Cabaqueiros está aberta a todos/as e agradecerá calquera tipo de colaboración




Se eres un particular ou ben tes un local ou unha empresa (tanto sexa "pequena", mediana ou "grande"), queres botar unha man e colaborar na realización de eventos deportivo-culturais, comezando por este III Campionato de Futbolín na honra dos mestres Cabaqueiros... ¡Aínda estás a tempo!

Somos unha Asociación sen ánimo de lucro, formada por rapaces e rapazas da Comarca, totalmente aberta á sociedade, que busca o ben cultural e o disfrute dos seus veciños e veciñas. Comezamos pouquiño a pouco, e por iso nos imos a centrar en primeiro lugar, no Baixo Miño.

Se estás interesado/a en participar dalgunha forma, contacta axiña no correo asociacioncabaqueiros@hotmail.com e informarémoste -sen compromiso algún- de como podes axudar á Asociación. Nós, por suposto, corresponderemos contigo.

Bases do III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros




Poderán apuntarse todas as persoas que pertenzan ao BAIXO MIÑO (O Rosal, A Guarda, Oia, Tomiño e Tui) como máximo ata o venres 7 de outubro ás 21:00 horas, na propia PRESENTACIÓN DO CAMPIONATO, que se celebrará no Centro Social Polivalente do Rosal (rúa Cabaqueiros, nº 4).
Á hora da presentación do Campionato e sorteo dos cruces entre as parellas participantes deberá asistir polo menos o capitán de cada equipo.
Ao igual que o ano pasado os NOMES DOS EQUIPOS participantes deberán ser palabras, frases ou expresións da fala ou “verbo” do CABAQUEIRO (agás equipos patrocinados).
As entidades organizadoras, Asociación Os Cabaqueiros e o Concello do Rosal resérvanse o dereito de admisión.

REGULAMENTO E NORMAS DE XOGO
-A competición da Fase de Grupos será ao mellor de tres partidas. Gañará por tanto aquela parella que consiga a vitoria en dúas. O vencedor de cada partida será o primeiro que marque 5 bolas (esta opción poderase cambiar en función das parellas inscritas).
-Bola de saque: bola ao medio. Quen marque, decide que equipo saca.
-Cando se produza un empate a 4 goles, sacará o equipo que recibiu o último gol.
-Quen gaña a partida, decidirá quen saque a primeira bola da seguinte.
-Os saques de gol serán dende a defensa, tendo que dar dous toques contra a parede antes de tirar.
-Goma. Non será considerado gol válido o arrastre da bola así como o remache á liña da defensa, sendo ambas accións gol nulo e a bola para o que encaixa o gol. Non vale remachar ao porteiro coa dianteira pero si coa media.
-Será válido o gol que -tirando dende a defensa- rebote no dianteiro, sen “cuchara”. O árbitro será o encargado de ver se houbo ou non esa cuchara ilegal.
-Non serán válidas as xogadas derivadas de mover o futbolín, golpear, xirar, tensar as barras ou soprar a bola. Non estará permitido igualmente facer vaselinas, “remolinos” ou arrastrar.
-O saír a bola do futbolín. A bola será para o último que recibiu o gol.
-Non estará permitido fumar ou beber no transcurso das partidas.
-Os xogadores non poderán efectuar cambios de posición durante o partido e deberán esperar á seguinte partida.
-Ao rematar cada eliminatoria os participantes deberán saudarse deportivamente.
-Os horarios deben ser respectados. Darase unha marxe de 15 minutos. A non comparecencia dun equipo na súa quenda de xogo suporalle a perda do partido ou eliminatoria.
-Ao final de cada partida cambiarase de campo se hai consenso.
-Todos os sorteos e dúbidas durante o xogo serán resoltas polo árbitro. As súas decisións serán inapelables.
-Haberá figura do suplente só por forza maior de imposibilidade de comparecencia. Terá que efectuarse con previo aviso e inscrición.
-Todos os xogadores polo simple feito da súa inscrición se comprometen á aceptación destas regras e a acatar as decisións e fallos da Organización.

O equipo OS CACHIZAS (Dani e Santi) xogarán o III Campionato Os Cabaqueiros. Concello do Rosal




Segundo nos acaban de confirmar, a parella formada por Daniel Rodríguez RodríguezSantiago Lima Ameal participará no III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros.

Dani e Santi, que o ano pasado integraban o equipo BE WATER MY FRIEND. PARIÑA BORETA DAORDE (Sé auga meu amigo), este 2011 optaron por unha denominación máis "clásica": OS CACHIZAS (Os rapaces).

¡¡Moita sorte CACHIZAS!!

29 sept 2011

III CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS. CONCELLO DO ROSAL. 8 E 9 DE OUTUBRO, 2011




A Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín e o Concello do Rosal organizarán o III Campionato OS CABAQUEIROS 2011. Estas son as bases, programa e inscricións:
10 € persoa (20 € a parella). No noso blog, na dirección de correo asociacioncabaqueiros@hotmail.com e no teléfono 637 311 007. Repartiranse as follas de inscrición polos establecementos do BAIXO MIÑO (A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui e Oia).

Podedes apuntarvos como máximo ata o venres 7 de outubro ás 21:00 horas, na propia PRESENTACIÓN DO CAMPIONATO, que se celebrará no Centro Social Polivalente do Rosal.
MODALIDADE: PARADO
Ao igual que o ano pasado os NOMES DOS EQUIPOS participantes deberán ser palabras, frases ou expresións da fala ou “verbo” do CABAQUEIRO (agás equipos patrocinados).
INAUGURACIÓN E FASE DE GRUPOS: Sábado 8, das 16:00 ás 20:00 horas.
FASE FINAL: Domingo 9, de 11 a 14 horas e de 15:30 ás 20:00 horas.
O mércores 12 de outubro terá lugar ás 16:30 horas a PRESENTACIÓN OFICIAL DA ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL OS CABAQUEIROS DO FUTBOLÍN e a entrega de premios do III Campionato.
Ás 17:00 horas, a artista e cantante EREA CASTRO lerá o pregón da XXIV Festa do Cabaqueiro, para inmediatamente despois da súa intervención, os mestres telleiros iniciar a súa demostración anual de “taxicar cabacas e toupos a ghoucha” (facer tellas e ladrillos a man).

PREMIOS
1º : 200 € + Trofeos + Medalla + Diploma + Premio Especial
2º: 100 € + Trofeos +Medalla+ Diploma + Premio Especial
3º: 50 € + Trofeos + Medalla + Diploma + Premio Especial
4º: 25 € + Trofeos + Medalla + Premio Especial

A Asociación OS CABAQUEIROS outorgará tamén DÚAS CEAS para CATRO PERSOAS no RESTAURANTE JUAN (O Rosal) e na MARISQUERÍA O ROXO (A Guarda), ademais dunha noite na CASA CABAQUEIROS (Casa Rural. O Rosal)
Todos os participantes levarán fantásticos premios conmemorativos do III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2011.
*Estes premios están estipulados para un mínimo de 20 parellas.
AS FINS DE SEMANA (VENRES E SÁBADO) REALIZARANSE EXHIBICIÓNS DE FUTBOLÍN NO BAR FLORO, BAR TROYA E BAR D’BUTE (O ROSAL).

Sevi e Dani, proclámanse Campións de España de Futbolín en Movemento F-2 do ano 2010





Os días 5, 6 e 7 de decembro celebrouse en Padrón (A Coruña) o “XIV Campeonato Nacional de Futbolín”.

Ata alí se desprazaron as mellores parellas de toda España para disputar este torneo en diferentes modalidades (combinada, parado, feminino e movemento).

O rosaleiro Carlos Álvarez Antúnez (Sevi) e o goianés Daniel Rodríguez Martínez –membros da Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín- proclamáronse Campións de España desta última (movemento F-2) tras gañar na final aos cataláns Javier e Óscar.



Aproveitando a vitoria e o remate deste ano “futbolineiro” na nosa vila, foron recibidos e felicitados na casa consistorial polo alcalde rosaleiro Jesús Mª Fernández Portela e o concelleiro de Deportes, Ángel Martínez Villa.

Acompañaron aos Campións de España nesta recepción, ademais de familiares e amigos –entre outros- Sergio Casal Fernández (Yeya), vencedor con Luis Martínez Pereira, do I Campionato Os Cabaqueiros 2009 e Mary Domínguez Rodríguez, xunto con Ruth Mª Martínez, gañadora do I Campionato Feminino Noticias O Rosal 2010.



Tanto o Alcalde como o edil de Deportes mantiveron unha animada charla con Sevi e Dani e os demais xogadores e animáronos a seguir nesta liña, facendo mención ao primeiro torneo creado e organizado polo Concello o ano pasado (“Os Cabaqueiros”), que serviu como impulso para animar á xuventude e recuperar este xogo tradicional non só xa na vila do Rosal senón na comarca do Baixo Miño.

Rematou este acto cunha sesión fotográfica para a lembranza, cos campións e os seus respectivos trofeos, diante da Casa do Concello e tamén fronte ao “Daorde de Lurio” (monumento de pedra, obra de Pepe Antúnez Pousa, en homenaxe ao Cabaqueiro).

6 sept 2011

Información de contacto da Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín



Podes contactar coa Asociación mediante a nosa dirección de correo electrónico (asociacioncabaqueiros@hotmail.com) ou chamando ao teléfono 637 311 007.

Lembra que tamén estamos presentes na rede social Facebook (http://es-la.facebook.com/asociacioncabaqueiros).

Presentación oficial do I Campionato de Futbolín "Os Cabaqueiros". Concello do Rosal 2009



O venres 9 de outubro tivo lugar no Centro Social Polivalente a Presentación e sorteos dos equipos participantes no I Campionato de Futbolín “Os Cabaqueiros”. Concello do Rosal 2009, que se celebrou na Praza do Calvario.

O acto foi presentado polo alcalde Jesús Mª Fernández Portela e –aparte das parellas participantes- asistiron entre outros, Rafa e Juan membros da Fundación O Rosal, os concelleiros Pablo, Mabel, Charo e Ángeles así como a conserxe Chus e representantes dos establecementos que cederon os futbolíns (Bar Troya e Pub Jota Jota).

Estes foron os participantes, por orde de inscrición:
1.- Os Amigos: Antonio Lomba Rodríguez e José Martínez Fernández; 2.- Portecelo: Marcos Casal Fernández e Carlos Alberto Álvarez da Concepción; 3.- Brasil: Juan Ramón Martínez e Alfonso Fernández Pérez; 4.- By Per@: Diego Álvarez Fernández e Diego Martínez Alonso; 5.- ROBJOR: Jorge Domínguez Rodríguez e Roberto Martínez González; 6.- Juan a File: Mª del Carmen Domínguez Rodríguez e Ruth María Martínez; 7.- FRONYORS: Sergio Diego Fernández e Jorge Silva Álvarez; 8.- Tocayos: Jorge Vicente Sousa e Jorge Martínez Barbosa; 9.- Equipo B: Efrén Rodríguez Rodríguez e Ángel Alfonso Rodríguez Pérez; 10.- Os Trincapistillos: Raúl González Martínez e José Antonio Portela Sobrino; 11.- Equipo A: Santiago Lima Ameal e Daniel Rodríguez Rodríguez; 12.- Real Madrid: Iván Sobrino Rodríguez, Óscar Braga e Iago Pereira Troncoso; 13.- Pub Jota Jota: Pablo Álvarez Álvarez e Rafael Silva Álvarez; 14.- ADDICT: Simón Ubeira Acuña e Mario Martínez Fernández; 15.- Yeya-Luis: Sergio Casal Fernández e Luis Martínez Pereira; 16.- RMX-NIÑO: Sergio Rodríguez Álvarez e Braulio Álvarez González.

Sergio Casal e Luis Martínez (Yeya-Luis), gañadores do I Campionato de Futbolín "Os Cabaqueiros" 2009




Os días 10 e 11 de outubro de 2009 celebrouse na Praza do Calvario do Rosal o I Campionato de Futbolín "Os Cabaqueiros" en homenaxe aos vellos telleiros do Baixo Miño nun ambiente de festa e exemplar compañerismo entre os participantes.

O torneo foi gañado pola parella formada por Sergio Casal Fernández e Luis Martínez Pereira (Yeya·Luis) que gañaron na final a Sergio Rodríguez Álvarez e Braulio Álvarez González (RMX·NIÑO).

Na loita polo terceiro posto venceron Diego Álvarez Fernández e Diego Martínez Alonso (By Per@) ao equipo "Os Amigos" integrado por Antonio Lomba Rodríguez e José Martínez Fernández.